vale, isto supoño que será un recordatorio a min mesma... para cando volte perder esta alegría e vitalidade que teño estes días e a pouca lucidez do momento e o que me gusta estar así.
Supoño que quería escribir algo especial, nun día especial... (que como todo se pospuxo).
Si, dende o 17 de xaneiro levo rumiando un texto... ideas inconexas, amorfas que quixen plasmar nun texto, neste que estou a escribir agora... dáme igual que non teña sentido.
Esta vez vou a aforrar o mundo que acostumo inventar e todas as súas alegrías... nada de cabaleiros, nin castelos, nin murallas, nin princesa... Palabras claras?.
En absoluto xD
Quen son?
Eu.
soamente podo buscar etiquetas que se aproximen a miña realidade ou dicir o que non son.
ben, comecemos, vouno intentar.
Para empezar son unha muller, si, teño os cromosomas XX e non os XY.
fisicamente son unha muller. de resto, négome a formar parte de calquera "tipo" de muller: non son unha barbie, non son un "marimacho", non son feminina nin feminista, non son nin rubia nin morena,non creo na existencia de razas polo cal direi que teño rasgos de occidental, non son delgada nin tampouco obesa, son alta, meu estilo é moi ambiguo, son demasiado bohemia, non teño nin ego nin autoestima, estou orgullosa de min, son predecibemente impredecible, teño cousas na cabeza, non son Einstein, son unha soñadora, dáme noxo o mundo actual e sobre todo a xente, encántanme os recunchos naturais e perderme nas fragas e nos sitios bonitos, según din debín nacer no século XIX cos románticos, son unha inconformista, unha excelente lectora e un desastre de cociñeira, son caótica, encántame a música, son unha escritora sen futuro e unha artista fracasada que inda non comenzou a carreira, as veces son unha mais do rabaño, son idealista, detallista, namoradiza, demasiado sensible...
E estou orgullosa de querer vivir en Nunca xamais, de loitar polas ideas, de falar nunha lingua minorizada que ninguén quere entender, de que soamente me poidan entender 2'8 millóns de persoas e de que destes non me entenda nin eu, amo a vida, é marabillosa, amo os sentimentos "malos" porque fan que estea conmigo mesma, son irascible e racional, son irracional e penso co corazón, non concupiscible, detesto os cartos, non quero fama, quero ser eu mesma, sentirme ben conmigo e formar parte dun mundo mellor, quero cambiar o mundo, loitar por min e por todos.
Busco sempre o lado bó das persoas, por moitas decepcións que leve, as veces perdo a esperanza e creo que so leva a desilusión, aprendo costante mente,gústame escribir, pintar, a fotografía e o arte en xeral, quero saber, coñecer e equivocarme, quero crear un Eu superior a min mesma.
Renacín e reconstruínme moitas veces, pero para renacer tiven que morrer primeiro. Morrín tantas veces que xa non temo á morte, que veña a por min cando guste, pero por favor que me deixe crecer como persoa, que me deixe seguir sendo unha nena.
As dubidas e as inseguridades benvidas sexan, pois moi estúpida tiña que ser para non ver que todo é imperfecto que todo cambia e que a cada segundo nada é igual.
Son ATEA, gozo do meu corpo e da miña mente sen terror a un suposto deus vingativo. As veces incluso son libre, pero a sociedade ven pronto a pórme os grilletes.
Son fodidamente humana, rio, con cousas alegres, ríome conmigo e de min mesma diante do espello, teño a capacidade de deprimirme a mínima...
coma todos teño un bo sentido do ben e do mal, do xusto e o inxusto, son parte de amnistía internacional sabendo que algúns non merecen perdón.
Non soporto ver as imaxes de guerra, de morte e de destrución na caixa tonta, sáltanme as bagoas, sinto que non estou a facer nada por cambiar iso, síntome impotente. Unha boa canción e capaz de pórme os pelos de todo o corpo de punta.
Encántame liberarme berrando diante dun escenario... Mago de oz, Avalanch, boikot, stravaganzza, Skizoo, los suaves, Siniestro Total, Mama Ladilla, Luar na Lubre, Moonspell, grave Diger, Angelus Apatrida... a miña voz é a miña ruína!
Estudante sen cartos, con ideas comunistas e de solidaridade, galeguista e incomprendida, que cre na igualdade, expediente sen manchas importantes que fala cando non debe e garda silencio cando tampouco debe. inconclusa, inacabada, agotada, ilimitada, morriñosa, viaxeira, extraña, descoñecida, Amiga, compañeira, camarada, olvidadiza, ilexible, adaptable...Namorada, titiriteira, amable, loitadora, forte e débil ao mesmo tempo, con vicios e sen virtudes...
Simplemente eu. Para quen me queira coñecer.
Son eu, un fragmento de todos os que me queren e rodean, un pedazo de terra, e unha inmensidade de nada. Po de estrelas.
... acabo de cumplir os 18 anos.
son I N E F A B L E .


